Sara's profileмιѕѕ_ѕαяιтιѕѕιмα ιи α¢тι...PhotosBlogListsMore ![]() | Help |
|
April 28 VIAXE POLO TEU CORPOCun dos meus dedos comecei a percorrer o teu rostro, parándome en cada recuncho, fixándome en cada forma da túa pel. Fun percorrendo o teu nariz, as túas meixelas nas que se deixaba tocar unha pequena barbiña, o meu dedo sentíase ben. Logo cheguei ós teus beizos que percorrín con suavidade e delicadeza, desexando que se xuntasen cos meus, pero esta viaxe só a podía facer o privilexiado dedo. Pouco a pouco fun baixando polo teu peito notando cada relevo dos pectorais, máis abaixo atopeime co ombligo, ó que percorrín cunha atención especial, gustábame aquilo que estaba tocando. Ata que cheguei a unha zona perigosa, onde o meu dedo deixou de responder e comezou a facelo o meu corpo. Sen darnos conta sumerxímonos nun profundo e húmido bico, os dous estabamos abrazados, sentiámonos ben. Despois duns cantos bicos e apertas apaixoadas repítese a viaxe, pero esta vez a protagonista é a lingua, que percorría cada recuncho do teu corpo, parándose en certas parte que che facía sentir unha éxtase de pracer. Aquilo gustábame así que seguín con aquela viaxe que cada vez se ía facendo máis interesante. Os dous ardiamos de paixón cando comezei a sentilo dentro de min, estabamos xuntos que era o único que importaba. Despois da longa viaxe apoiei a cabeza no seu ombro onde quedei dormida oíndo a súas palabras bonitas. Cando espertei tiña que marxar, todo acabara, non houbo unha próxima noite. Todo quedou nunha bonita noite de xullo na que todo parecía perfecto, cando ti o único que querías era un mísero polvo.
(P.D.: _P_ xD) |
|
|